lunes, 7 de diciembre de 2015


GRAZAS AO CIM DE TEO (CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER) TIVEMOS A SORTE DE LEVAR A CABO UNHAS SESIÓNS DE RISOTERAPIA CO CLUB DE MAIORES. 

MOITAS GRAZAS CHELO POLA TÚA COLABORACIÓN.

Deixamos as fotos así como a información do CIM


************************************************************************************************

O CIM é un servizo gratuíto, individualizado e confidencial no ámbito municipal para as mulleres do Concello. Na oficina traballan:

- Unha psicóloga. A atención psicolóxica céntrase nos seguintes aspectos:

  • Orientar e apoiar psicolóxicamente ás mulleres
  • Axudar á muller na resolución de conflitos e toma de decisións
  • Ofrecer mecanismos que lle axuden a resolver inquietudes persoais
  • Atender de forma personalizada ás vítimas de violencia de xénero

- Unha avogada que asesora sobre os dereitos das mulleres:

  • Dereito civil (separacións e divorcios)
  • Dereito penal (agresión e acoso)
  • Dereito laboral (maternidade e redución de xornada)
  • Tramitación e solicitude de xustiza gratuíta

ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE LUNS A VENRES DE 9.00 A 14.00

Edificio do Concello. Centro de Servizos Sociais. 2º planta.
Teléfono 981 809 707
Correo electrónico: cim@concellodeteo.com



************************************************************************************************























No hay comentarios: