sábado, 12 de diciembre de 2009

VISITA NAVIDEÑA AO BELÉN DE CONXO







por fin este ano un grupo de maiores da asociación nos decidimos a facer unha boa camiñata, nada menos que ata conxo, para ver o precioso Belén que nos deixou deslumbradas.



Para mostra deste divertido acontecementeto quedan aqui un feixe grupo de fotos para deleite e recordo de todas....biquiños coma sempre e moi féliz nadal e aninovo

martes, 3 de noviembre de 2009

NOVA CLASE DE PILATES TODOS OS LUNS


Queridos/as socios, dende que comezou este novo curso, ademais das actividades que xa viñamos tendo ao longo da semana , comezamos unha nova e moi gratificante clase de PILATES, unha modalidade de ximnasia que nos senta ben a todos e que está a ser todo un éxito. Esta notiña é para recordarvos o horario , que dende principios de outubro desenvólvese os luns de 17:00 a 18:00 horas, contamos con vós unha vez mais e aproveitamos para darvos unha grandisíma aperta.

martes, 6 de octubre de 2009

COMEZO DO NOVO CURSO PARA TODAS AS ACTIVIDADES



Xa iniciamos o curso nos Tilos para todos vós, bueno "tamén sudamos no verán, ja, ja, ja...", pero aquí estamos de novo xa metidos en faena para non deixar que o outono nos poña tristes coas suas longas tardes de choiva. Para empezar, temos unha nova clase de pilates que reforza a a ximnasia dos luns, tamén ampliamos o noso abano de saude engadindo á semana unha clase de baile os mércores de 4.30 a 5.30 que nos dará mais ánimo e nos axudará a preparar unha nova actuación de cara ao próximo festival; benvidas a todos/as a este novo curso cheo de actividades. Non perdades , nin un chisquiño de ilusión polo remate do verán, o outono empeza con forza coas portas abertas.

jueves, 25 de junio de 2009

FIN DO CURSO BLOG OS NOSOS MAIORES!!!!

Vámonos de vacacións, pero prometemos ir actualizando o blog estes meses de verán, polo que seguro que se entrades no blog veredes diferentes fotos e comentarios das actividades que ainda non foron comentadas.
En setembro prometemos voltar con máis actividades e imaxes!!!

PASADE UN BO VERÁN!!!!!


Esta é a imaxe en grupo da excursión de maiores!!!


IMAXES DO DÍA INTERCULTURAL

Seguindo coa subida de fotos das nosas diferentes actividades, aquí tendes varias imaxes do DIA INTERCULTURAL:

















jueves, 11 de junio de 2009

NOVO VIDEO DA CEA

A petición de tódalas socias/os, incluimos este video que se grabou na cea e na que saímos todas bailando.
Lembrade que ten sonido e que se pode escoitar sen problema!

jueves, 4 de junio de 2009

VER O VIDEO DA CEA!

Video da cea!
Esperamos que vos guste... A petición do Club dos Maiores subimos ao Blog este vídeo da cea, pero sabede que subiremos máis!
Un saúdo.


miércoles, 3 de junio de 2009

BAILANDO OS NOSOS MAIORES NA FESTA FIN DE CURSO


Na festa de fin de curso da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos o grupo de maiores nos agasallarán cunha coreografía que levan ensaiando con moito cariño e esforzo todo o curso. Estades todos invitados a ver o resultado do seu traballo o venres 26 de Xuño a partires das 17:30h.

CEA FIN DE CURSO CLUB DOS MAIORES NOS TILOS















O pasado xoves 28 de maio, celebrouse a cea de fín de curso dos nosos maiores. Asistiron arredor de trinta persoas que disfrutaron dun encontro festivo, alegre e moi apetitoso.
O evento celebrouse no restaurante Casa Luciano, e resultou do mais entretido para todo o grupo. Por riba da estupenda cea, tertulia e cancións rematouse cun baile para tódolos participantes, en resumo un encontro para o recordo de todos os que ali estivemos e moitas risas e anécdotas que gardamos nas nosas retinas e no corazón ata o próximo ano.

jueves, 28 de mayo de 2009

CLASES XOVES 4 DE XUÑO 2009


CLASES DE BLOG OS NOSOS MAIORES:
Horario: 19:00- 20:00 na Aula de Informática da Asociación Recreativa e Cultural OS TILOS.

Seguiremos vendo o BLOG, insertando novos comentarios nas novas existentes.

IMAXES DOS NOSOS MAIORES NA ACTIVIDADE DE LECTURA

Aquí podemos ver aos nosos maiores elixindo libros dentro da actividade de Lectura que a nosa Asociación organiza entre outras moitas actividades como poden ser clases de Ximnasia ou de Música.
Como vedes, a propia creación do BLOG é unha actividade máis que os nosos maiores están empezando a facer, adentrándose de cheo no novo mundo das novas tecnoloxías e a informática.
Podesdes os que quierades comentar as novas que irán saíndo cada semana neste noso BLOG.
Grazas.








lunes, 11 de mayo de 2009

CLASES DE BLOG

HOXE, 11 DE MAIO DO 2009. APRENDEREMOS A ENTRAR NO NOSO BLOG e a deixar comentarios nel.
HORARIO: 18:00- 19:30

miércoles, 15 de abril de 2009

Benvidos ao BLOG OS NOSOS MAIORES


Benvidos.

Esté é o BLOG OSNOSOSMAIORES, unha iniciativa da Asociación Recreativa Cultural OS TILOS.

Pronto teremos un curso para poder subir texto ao noso blog.

Esperamos a vosa presenza.


Saúdos cordiais.