viernes, 30 de octubre de 2015


INVITACIÓN TALLER ADICAE

Dende ADICAE (Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros) convidan ás persoas que acoden ás actividades do Club de Maiores a unha aula formativa que levan a cabo co apoio da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN)e a colaboración da asociación de inclusión activa Boa Vida. 

Este taller é de ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA. Ten como obxectivo informar ás persoas maiores sobre os riscos de certos produtos financieIros e dos principais problemas de consumo aos que podrían enfrontarse. Ademais, ensinarán a interpretar a información comercial que reciben nos seus domicilios e a evitar fraudes e enganos

DIA: Mércores,  4 de Novembro de 2015
HORA: 17:00 horas
LUGAR: Residencia de Maiores Centro Sociocomunitario “Porta do Camiño”
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA PARA O CLUB DE MAIORES DE ARCOSTILOS
 
 

miércoles, 28 de octubre de 2015


O Martes 27 de Outubro choveu en Compostela, pero isto non impediu que os e as participantes do Club de Maiores visitaran as instalacións da Escola Galega de Consumo. Alí asistiron a unha charla moi amena sobre o Consumo Responsable. 

Dende ARCOSTILOS queremos dar as grazas á monitora Asun pola súa amabilidadee cercanía, así como por dar resposta as dúbidas que foron xurdindo durante a charla. Grazas tamén polo agasallo que levamos de recordo desta visita. 





 

lunes, 19 de octubre de 2015



DENDE HOXE 19 DE OUTUBRO ATA O 19 DE 

 DECEMBRO XA PODE ACUDIR A VACINARSE. MÁIS

INFORMACIÓN NA PÁXINA DO SERGAS:

 gripe.sergas.es


 

martes, 13 de octubre de 2015



O PRÓXIMO MARTES DÍA 27 TEMOS UNHA SAÍDA. ASISTIREMOS A UNHA CHARLA-TALLER SOBRE CONSUMO RESPONSABLE.

NECESARIO ANOTARSE PARA PODER ASISTIR


viernes, 9 de octubre de 2015




HOXE PRESENTAMOS AO GRUPO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO AO MANDO DO PROFESOR DAVID FELPETE. 

Aparecen na foto, comenzando pola dereita na fila de adiante:
 Belén, Pilar, Dorita, Aurora, Nieves, Celia, Manuela Framil, Mari Carmen, Manuela Castelao e Xoán Xosé. 
Temos na fila de atrás comezando pola dereita a:
David (profesor), Virginia, Pilar, Victoria, Elisa, Maruja, Angustias e Manuel









miércoles, 7 de octubre de 2015


PRESENTAMOS ÁS
REPENICAS DOS TILOS 
DESTE NOVO CURSO 2015-2016
As nosas pandereteiras son (comezando pola dereita):
-  Elena Fernández
- María Elvira González
- María González
- Jéssica Beiroa (profesora)
- Ermitas Varela
- Manuela Castelao
- Mari Carmen Pintos
- Maruja Ramos

Un ano máis queremos agradecer a Jéssica Beiroa a súa participación no Club dos Maiores. Cada mércores na súa clase (16.30-17.30), este marabilloso grupo ensaia novas pezas para representar nos festivais da Asociación e outras entidades. Noraboa por ir medrando cada ano un pouco máis.




lunes, 5 de octubre de 2015



ESTE CURSO, NO CLUB DOS MAIORES, COMEZAMOS AS ACTIVIDADES O 14 DE SETEMBRO. MOSTRAMOS ALGUNHAS FOTOS DO QUE ESTAMOS FACENDO.













O PASADO 1 DE OUTUBRO FOI O DÍA DO MAIOR. EN ARCOSTILOS QUIXEMOS FACERNOS UNHA FOTO DE GRUPO PARA LEMBRAR ESTA DATA.