lunes, 16 de marzo de 2015


VISITA A METEOGALICIA

O XOVES DÍA 12 O CLUB DOS MAIORES FOMOS DE VISITA A METEOGALICIA



























O MEU PESADELO FAVORITO

María Solar é a filla de Carmen Núñez, unha das nosas maiores. Entre as múltiples facetas nas que destaca María está a de escribir libros. Fai uns días convidou á Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos á presentación da obra "O meu pesadelo favorito". Grazas por agasallarnos co teu libro e pola dedicatoria tan bonita que lle fixestes á nosa entidade.














viernes, 6 de marzo de 2015



DÍA INTERNACIONAL DA MULLER VISTO DENDE A PERSPECTIVA DOS NOSOS MAIORES


"O 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller, o desexado sería que este día se celebrara durante todo o ano, tanto o día da muller como o día de todas as persoas"

"Este domingo é o día Internacional da Muller. Penso que as mulleres, salvo excepción, somos todas traballadoras. Este día deberíamos celebralo indo comer fóra se non fora moito pedir"


"Ola amigos, xa era hora de que as mulleres tivéramos un día recoñecido como é este. Hai moito debate en torno a este día, pero mellor non debatir e celebrar, así todos contentos"