martes, 30 de marzo de 2010

PANDERETEIRAS






Estamos en Semana santa, e como época de festa e vacacións que representa, que mellor que recordar algúns dos momentos das nosas queridas amigas tocando a pandeireta nas festas que se celebran na Asociación. Que ben o fan e como nos divertimos todas e todas. Sen esquecernos dos nervios que senten antes de subir ao escenario, porque non nos olvidemos de que son artistas!!!

Un saúdo moooi forte e boas vacacións.

lunes, 15 de marzo de 2010

EXCURSIÓN AO BALNEARO DE CUNTIS






O pasado venres 12 de marzo fumos un grupiño de socias a gozar unha vez mais das bonanzas e o pracer que ofrece unha tarde de balneario, cunha temperatura exterior que daba medo, dentro estivemos coma meniños pequechos...jaja, en todos os sentidos xa que probamos todo o que puxeroan á nosa disposición, jacuzzi, chorros, saunas...completísimo...



Non puido ser mais agradable e chegamos totalmente relaxadas e cheas de benestar, de feito estamos pensando en repetir estas visitas, unha vez ao mes polo menos. Non dubidedes en apuntaros e pasearedes un día inimaxinable.


Bicos a todas, e coma mostra aquí quedan estas fotos de recordo, bicos a todas e todos.



Balneario e Caldas de Cuntis.Cuntis(Pontevedra)venres, 12 de marzo de 2010

lunes, 8 de marzo de 2010

EXCURSIÓN BALNEARIO DE CUNTIS

Este venres imos de excursión todas xuntas ao Balneario de Cuntis.
Debido ao éxito que tivo o ano pasado e o ben que o pasamos queremos repetir!!
Xa contaremos como resultou esta divertida e relaxante excursión, amosando tamén
fotos da nosa viaxe!!
Un saúdo.

jueves, 4 de marzo de 2010

DOCE DESPEDIDA DE ROSIÑA


Queridísimas amigas, atopamos con alegría esta foto no baúl dos recordos, e non poidemos deixar de publicala para que poidades disfrutar desa primaveral data na que o pasamos de medo, bueno ademais de poñernos as botas comendo doces feitos por Nieves e Maruja.

Deste xeito tan agradable e divertido despedimos oficialmente a Rosa, anque ela nunca se foi e nunca se irá de xunto nosa.

Nada mais,por hoxe, seguiremos publicando novas das nosas actividades, biquiños...