jueves, 2 de diciembre de 2010

Bailando e tocando a pandereta

 

Aquí vemos as nosas pandareteiras favoritas pasando un bo rato na asociación.
Aqui estamos todos e todas botando un baile, ¡ Movendo o esqueleto con enerxía e beleza!

jueves, 18 de noviembre de 2010

PREPARANDO O NADAL

Dende hai unhas semanas no grupo das maiores estamos a facer centros e outros adornos de nadal, quizais é un pouco pronto, pero non queremos que nos toquen as campás das uvas con todo o traballo sen facer, como case sempre...jajaja
Paa mostra estas fotos nas que podedes ver as creacions naturais e coloristas, algunhas mais que outras, que alegraran, as nosas sobremesas navideñas
Acompañamos tamen a perquena e familiar reportaxe coas´derradeiras fotos que fixemos na aula de informática e nas que saimos todas mais que guapas e interesantes , esperemos tamen haber adquiriddo algun coñecemento ademais de beleza...

nada mais por hoxe esperamosvos en ximnasia dispostas a perder grasa e gañar enerxia...bicos




sábado, 12 de junio de 2010

EXCURSIÓN XIRIMBAO!!


O prometido é débeda!!!
Non nos quedan desta excursión máis que bos recordos, e gañas de repetir!!
Desfrutamos dunha tarde soleada, xogando e merendando no Xirimbao! Ademais de xogar ás cartas, que foi unha das actividades estrela!!, tocar a pandeireta...

Foi unha xornada chea de  emocións e risas que queremos volver a facer sen que pase moito tempo!

Un beso moi grande.

miércoles, 26 de mayo de 2010

QUE BEN O PASAMOS!


































Aquí vai outra mostra do ben que o pasamos todas xuntas na Asociación, non paran de realizar cousas como podedes observar nos resultados.
Cada día o pasamos mellor e comezamos novas actividades, unha delas é xadrez, na que están moi motivadas e loitan por a ver quen gaña.
Moi pronto quedaredes asombrados das fotos da próxima excursión, unha ruta de sendeirismo na que sen dúbida que o imos a pasar en grande!!

Un abrazo moi forte a todas!!

miércoles, 21 de abril de 2010

ESTAMOS FEITAS UNHAS INFORMÁTICAS!!
















Aquí estamos na clase de informática, coas nosas amigas, aprendendo moitas cousas e compartindo moitas experiencias.
Queriamos deixar constancia aquí do ben que o pasamos.
Todas moi presumidas que querían saír guapas nas fotos!!
Ídevos preparando os informáticos, que dentro de pouco quitaranvos o posto de traballo!!!
Moitos besos.

martes, 30 de marzo de 2010

PANDERETEIRAS






Estamos en Semana santa, e como época de festa e vacacións que representa, que mellor que recordar algúns dos momentos das nosas queridas amigas tocando a pandeireta nas festas que se celebran na Asociación. Que ben o fan e como nos divertimos todas e todas. Sen esquecernos dos nervios que senten antes de subir ao escenario, porque non nos olvidemos de que son artistas!!!

Un saúdo moooi forte e boas vacacións.

lunes, 15 de marzo de 2010

EXCURSIÓN AO BALNEARO DE CUNTIS






O pasado venres 12 de marzo fumos un grupiño de socias a gozar unha vez mais das bonanzas e o pracer que ofrece unha tarde de balneario, cunha temperatura exterior que daba medo, dentro estivemos coma meniños pequechos...jaja, en todos os sentidos xa que probamos todo o que puxeroan á nosa disposición, jacuzzi, chorros, saunas...completísimo...



Non puido ser mais agradable e chegamos totalmente relaxadas e cheas de benestar, de feito estamos pensando en repetir estas visitas, unha vez ao mes polo menos. Non dubidedes en apuntaros e pasearedes un día inimaxinable.


Bicos a todas, e coma mostra aquí quedan estas fotos de recordo, bicos a todas e todos.



Balneario e Caldas de Cuntis.Cuntis(Pontevedra)venres, 12 de marzo de 2010

lunes, 8 de marzo de 2010

EXCURSIÓN BALNEARIO DE CUNTIS

Este venres imos de excursión todas xuntas ao Balneario de Cuntis.
Debido ao éxito que tivo o ano pasado e o ben que o pasamos queremos repetir!!
Xa contaremos como resultou esta divertida e relaxante excursión, amosando tamén
fotos da nosa viaxe!!
Un saúdo.

jueves, 4 de marzo de 2010

DOCE DESPEDIDA DE ROSIÑA


Queridísimas amigas, atopamos con alegría esta foto no baúl dos recordos, e non poidemos deixar de publicala para que poidades disfrutar desa primaveral data na que o pasamos de medo, bueno ademais de poñernos as botas comendo doces feitos por Nieves e Maruja.

Deste xeito tan agradable e divertido despedimos oficialmente a Rosa, anque ela nunca se foi e nunca se irá de xunto nosa.

Nada mais,por hoxe, seguiremos publicando novas das nosas actividades, biquiños...

sábado, 30 de enero de 2010

Saúdos.

Boas tardes.
Queremos publicar o comezo dunha nova actividade na Asociación, na que nos
gustaría que participásedes todas e todos os que queirades. Trátase de informática, unha iniciativa para o voso aprendizaxe que estará guiada segundo as vosas motivacións e intereses.
Animádevos que nunca é tarde para aprender!

Un abrazo moi forte.