jueves, 25 de junio de 2009

FIN DO CURSO BLOG OS NOSOS MAIORES!!!!

Vámonos de vacacións, pero prometemos ir actualizando o blog estes meses de verán, polo que seguro que se entrades no blog veredes diferentes fotos e comentarios das actividades que ainda non foron comentadas.
En setembro prometemos voltar con máis actividades e imaxes!!!

PASADE UN BO VERÁN!!!!!


Esta é a imaxe en grupo da excursión de maiores!!!


IMAXES DO DÍA INTERCULTURAL

Seguindo coa subida de fotos das nosas diferentes actividades, aquí tendes varias imaxes do DIA INTERCULTURAL:

















jueves, 11 de junio de 2009

NOVO VIDEO DA CEA

A petición de tódalas socias/os, incluimos este video que se grabou na cea e na que saímos todas bailando.
Lembrade que ten sonido e que se pode escoitar sen problema!

jueves, 4 de junio de 2009

VER O VIDEO DA CEA!

Video da cea!
Esperamos que vos guste... A petición do Club dos Maiores subimos ao Blog este vídeo da cea, pero sabede que subiremos máis!
Un saúdo.


miércoles, 3 de junio de 2009

BAILANDO OS NOSOS MAIORES NA FESTA FIN DE CURSO


Na festa de fin de curso da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos o grupo de maiores nos agasallarán cunha coreografía que levan ensaiando con moito cariño e esforzo todo o curso. Estades todos invitados a ver o resultado do seu traballo o venres 26 de Xuño a partires das 17:30h.

CEA FIN DE CURSO CLUB DOS MAIORES NOS TILOS















O pasado xoves 28 de maio, celebrouse a cea de fín de curso dos nosos maiores. Asistiron arredor de trinta persoas que disfrutaron dun encontro festivo, alegre e moi apetitoso.
O evento celebrouse no restaurante Casa Luciano, e resultou do mais entretido para todo o grupo. Por riba da estupenda cea, tertulia e cancións rematouse cun baile para tódolos participantes, en resumo un encontro para o recordo de todos os que ali estivemos e moitas risas e anécdotas que gardamos nas nosas retinas e no corazón ata o próximo ano.