miércoles, 3 de octubre de 2012

jueves, 21 de junio de 2012

"Mi vida en Historias"

Ola de novo a todos e todas,


Toca dicir adeus máis ben ata o próximo ano a moitas das nosas actividades. Entre elas o Taller de Memoria o cal nos fixo pasar moitos momentos bos, emotivos, diferentes, divertidos…

Un dos proxectos que iniciamos este curso foi a creación dun libro propio no que cada unha de nos foi relatando diferentes historias e recordos do seu pasado, a primeira casa, os xoguetes, o primeiro viaxe…

Unha vez impreso fixémola entrega as nosas escritoras.

Este foi o resultado!!!!





 
Foi incrible compartir todas esas historias con vós, moitísimas grazas por todo.

lunes, 18 de junio de 2012

As nosas Pandereteiras

Moi boas tardes

Estas semanas con motivo do fin de curso están tendo lugar na Asociación festivais e exposicións para mostrar o que se foi facendo o largo do ano nas diferentes actividades.
O mércores 13 tocoulles as nosas pandereteiras chamadas “As Repenicas”. Como era de esperar puxeron toda a carne no asador e deleitáronnos cun autentico recital.












Parabéns, estivo xenial.

martes, 22 de mayo de 2012

Cestas Papel de Periódico


Ola a todos e todas,

Nestas últimas semanas a clase de Manualidades dedicámola a facer cestas con papel de periódico, si si, como estades lendo, cestas con papel de periódico. Non serán moi resistentes pero bonitas son un anaco. Este é o resultado!!!









Quedaron preciosas, noraboa ás artistas.

viernes, 18 de mayo de 2012

Visita O Museo do Pobo Galego

Boas tardes,


En vistas do éxito que tivo a visita o MUPEGA decidimos repetir a experiencia, esta vez no Museo do Pobo Galego.

O Museo conta con salas permanentes dedicadas ao mar, aos oficios, ao campo, ao traxe, á música, ao hábitat e a arquitectura, á sociedade, aos oficios urbanos e á prensa e a imprenta. Dispón tamén de seccións de arqueoloxía e de arte.

Aquí van algunhas das fotos que puidemos sacar antes de que a cámara quedásenos sen batería, unha verdadeira magoa.




Un saudiño

miércoles, 16 de mayo de 2012

Charla de Seguridade

 
Como xa he sabido nos Tilos non paramos ni un segundo, o luns 7 de Maio tivemos a sorte de contar con dous axentes da Garda Civil para que nos impartiran unha charla.
Esta consistiu nunha serie de medidas que debemos optar nas nosas casas, na rúa…
Entre moitas historias e anécdotas aproveitaron para recalcarnos unhas dez veces a importancia do uso do chaleco reflectante, así que xa sabedes… HAY QUE POÑELO!!!
Moitas grazas por asistir

 




 Unha aperta grandísima

jueves, 26 de abril de 2012

Edita Cobas


Ola a todos e todas,


Esta semana na Asociación dos Tilos estámola adicando “O Libro” polo que o mércores 25 tivemos a gran sorte de contar con Edita Cobas para que acudira a asociación a presentación do seu libro “Cantares e desafíos do Entroido”. Neste libro Edita recolle todos os cantares que foi facendo o largo dos anos.

A presentación foi todo un éxito estivemos escoitando os diferentes cantares moitos deles moi divertidos e fixemos o que mellor se nos da falar, falar e falar





Un biquiño.

lunes, 23 de abril de 2012

Ola de novo,
O venres como xa vos anunciamos fai uns días acudimos ao Museo Pedagóxico de Galicia.
Así que ás cinco da tarde adentrámonos no museo para coñecer máis sobre a evolución da educación na nosa terra.
Foi unha experiencia única volver a recordar como eran as aulas, os libros, os xoguetes…
Aquí van algunhas das fotos que sacamos na nosa visita.













Un saudiño e unha aperta

jueves, 19 de abril de 2012

Mupega


Ola de novo,

O venres 20 de abril iremos de visita o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), é un centro destinado a recuperar, salvagardar, estudar, mostrar e difundir o patrimonio pedagóxico de Galicia.

 
Esperamos que a visita sexa grata e aprendamos moitas cousas.

Un saudo.