martes, 6 de octubre de 2009

COMEZO DO NOVO CURSO PARA TODAS AS ACTIVIDADES



Xa iniciamos o curso nos Tilos para todos vós, bueno "tamén sudamos no verán, ja, ja, ja...", pero aquí estamos de novo xa metidos en faena para non deixar que o outono nos poña tristes coas suas longas tardes de choiva. Para empezar, temos unha nova clase de pilates que reforza a a ximnasia dos luns, tamén ampliamos o noso abano de saude engadindo á semana unha clase de baile os mércores de 4.30 a 5.30 que nos dará mais ánimo e nos axudará a preparar unha nova actuación de cara ao próximo festival; benvidas a todos/as a este novo curso cheo de actividades. Non perdades , nin un chisquiño de ilusión polo remate do verán, o outono empeza con forza coas portas abertas.