viernes, 30 de octubre de 2015


INVITACIÓN TALLER ADICAE

Dende ADICAE (Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros) convidan ás persoas que acoden ás actividades do Club de Maiores a unha aula formativa que levan a cabo co apoio da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN)e a colaboración da asociación de inclusión activa Boa Vida. 

Este taller é de ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA. Ten como obxectivo informar ás persoas maiores sobre os riscos de certos produtos financieIros e dos principais problemas de consumo aos que podrían enfrontarse. Ademais, ensinarán a interpretar a información comercial que reciben nos seus domicilios e a evitar fraudes e enganos

DIA: Mércores,  4 de Novembro de 2015
HORA: 17:00 horas
LUGAR: Residencia de Maiores Centro Sociocomunitario “Porta do Camiño”
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA PARA O CLUB DE MAIORES DE ARCOSTILOS
 
 

No hay comentarios: