viernes, 5 de junio de 2015

Despedida

Moi boas tardes a tódolos alumnos e alumnas de informática. Son Sonia, a voluntaria que estivo con vos durante este curso nas clases de informática. Espero que desfrutarades da miña compaña e que aprenderades moito, ou polo menos que vos axudase a collerlle o gusto á informática. Pola miña banda quedei moi satisfeita coa experiencia e paseino moi ben nas clases con todos vos. É unha mágoa que tivera que marchar tan a correr e non me dera tempo a despedirme como é debido, pero seguro que nos volveremos a ver pronto. Moitas apertas dende Bristol e ata pronto! Que seguro que nos volvemos a ver!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Sonia!!
en nome de todo o equipo de Arcostilos, queremos darche un enorme grazas, grazas polo teu tempo, grazas pola ilusión, grazas polas túas palabras, e sobre todo grazas por levarnos no teu corazón, bicos de todo o equipo e moita, moita, moita sorte!!!!
Charo

Anónimo dijo...

Ola Sonia, son Mari Carmen. Sentín moito non estar o último día que estiveches en informática.
Quero darche as grazas pola paciencia que tiveches conmigo, non me puxen en cotacto antes contigo por que non sabia onde pinchar, estou en clase, PAULA indicoume como facer.
Desexoque pases un bo verán, e que se cumplan todos as túas ilusions
Un bico
Mari Carmen Pintos